blogue de cacharreo
Regaliño de Nadal - 1296MHz dende IN61
Enviado por cacharreo en Lun, 15/12/2008 - 20:11.
Aínda que sexa cun pouco de atraso, tal e como suxeriramos no verán por radio a algúns colegas e de xeito público no foro da URE (segue o fío), a EE1URO volve á carga xusto antes do sorteo de lotería de Nadal.
QSP - Revista de Radio e Comunicações
Enviado por cacharreo en Mar, 29/04/2008 - 10:45.
O pasado venres 25 de abril, data sinalada para os nosos colegas de CT, recibimos de xeito gratuito un exemplar da revista QSP enviada por Adelino, CT1AL, director e propietario da mesma, xunto cunha QSL directa confirmando o noso primeiro QSO en 23cm con el. Vese que o buró non funciona moi á présa, xa que enviamos todas as QSLs do ano 2006 hai aproximadamente 10 meses.
Estamos de obras
Enviado por cacharreo en Mar, 15/04/2008 - 10:29.
Ola,
Durante estes días estamos a migrar o sitio web da EE1URO de desenvovemento ao servidor de produción. Se ves cousas raras non te asustes.
Esperamos ter o sitio completamente operativo á maior brevidade. Todos os comentarios e suxerencias serán benvidos.
Unha aperta e 73!





