blogue de eb1wm

Imaxe de eb1wm

10ª Feira da Radio do Alto Miño (ARAM)

A Associação de Radioamadores do Alto Minho (ARAM) convida a toda a comunidade de radioafeccionados a asisitir á décima edición da súa Feira da Radio que se celebrará o próximo día 12 de setembro de 2009, entre as 12 e as 19 horas (hora CT), en Viana do Castelo.

Máis información no arquivo adxunto.

Imaxe de eb1wm

A Axencia Espacial Europea lanzará un satélite galego

Publicado hoxe en La Voz de Galicia.

Finalmente as xestións de profesor Fernando Aguado deron os seus froitos. ¡Noraboa! Isto vai a ser a bomba ...

Imaxe de eb1wm

1ª Feira da Radio Luso-Galaica

Acabo de atopar con agradable sorpresa na web da Associação de Radioamadores do Alto Tâmega - ARAT o anuncio da celebración da 1ª Feira de Radio do Alto Tâmega, prevista para o vindeiro sábado 19 de xullo. Unha boa oportunidade para os amantes do chambo Tongue out.

Imaxe de eb1wm

III Concurso VHF Pemento de Padrón

Chegan novas dun novo concurso na banda de VHF, modo FM. Persoalmente descoñecía a súa existencia e este ano resultarame imposible participar, pero aquí vos poño as bases, por se alguén se anima. Ao final podedes atopar un enlace para descargalas en formato PDF.

Imaxe de eb1wm

Estatísticas Radioafeccionados 2008 - SETSI

A Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información (SETSI), que é o organismo que regula a actividade dos radioafeccionados en España, ven de publicar o pasado 15 de abril de 2008, as estatísticas que reflicten o número de autorizacións e licenzas actualmente vixentes no noso país.

Imaxe de eb1wm

XVI Angula Contest

Escríbenos Antonio Cordo, EA1AEN, Presidente da Sección URE Baixo Miño, lembrando que o próximo 21 de abril comeza a XVI edición do Angula Contest.

É un dos poucos concursos na banda de 2 metros, modo FM, que quedan na comunidade galega, así que vos animo a participar.

As bases pódense atopar en http://seccion.baixomino.ure.es/bases.html

 

Imaxe de eb1wm

4º Concurso VHF - UHF ARAM

Outra información que nos chega a través de EA1AEN é a celebración do 4º Concurso VHF - UHF organizado pola Associação de Radioamadores do Alto Minho (ARAM).

Este concurso celebrarase o día 10 de maio próximo, nas modalidades de FM e SSB, nas bandas de 2m, 70cm e 23cm, dende as 12 ás 21 horas UTC.

Distribuir contido